Internalización

En Torre de Núñez queremos que tódolos padais podan disfrutar do sabor e a calidade dos nosos produtos.

Por este motivo, fixemos todo o necesario para adaptar o noso proceso produtivo ás exigencias dos mercados internacionais.
Na actualidade enorgullécenos ter presencia en máis de 14 países do mercado europeo, centroamericano e asiático que xa supon máis do 10% da nosa facturación anual.

mapa

Feder Galicia 2014-2020

Esta empresa participa no Plan Foexga 2016-2017 Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Como apoio ao proceso de internacionalización, Torre de Núñez de Conturiz S.L.U, ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través de IGAPE para participar no Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga) 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020, OT3 Conseguir un tecido empresarial mais competitivo. Unha maneira de facer Europa. O obxectivo principal do Plan Foexga é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

AXUDA PARA A EXECUCIÓN DE ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS

Órgano Concedente: Igape cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Expediente: IG230.2016.1.125

Proxecto: Desenvolvemento de catálogos, ferias internacionais e unha landing page adaptada á imaxe corporativa da empresa Torre de Nuñez, tendo en conta os distintos mercados aos que se dirixe, principalmente ao ámbito de Inglaterra. Polo cal o desenvolvemento se ha realizado en inglés, adaptándoo ao idioma do país obxectivo.

Os obxectivos e resultados alcanzados foron dar presenza á empresa na internet e reforzar a marca a nivel internacional, así como dar apoio comercial para conseguir un incremento de vendas a través dunha nova canle, aumentar a carteira de clientes e fidelizar os clientes actuais.

Planifícase unha dinámica de concurso de 1 mes de duración na que os usuarios teñen que rexistrarse nun formulacio co fin de obter BBDD de potenciais clientes, alcance e relevancia da marca.O sorteo establécese a través da Landing page, seguindo a imaxe corporativa da marca que implementamos na páxina web na súa versión inglesa para derivar o tráfico e obter soporte para a dinámica social.

Resolución de concesión de axudas Conturiz

O obxectivo dos investimentos previstos que conforman o presente proxecto é a de aumentar a competitividade da empresa por medio de unha serie de investimentos en acondicionamento de locais na planta de expedición (zona de envasado y vestiarios) , instalacións e equipamentos novos que permitan dunha forma conxunta unha mellora da calidade dos produtos elaborados, unha redución de tempos de proceso e unha garantía da seguridade do traballador durante ditas labores.

  • MELLORAS TECNOLÓXICAS IND. CARNICA (L-27-PDR-17) INVESTIMENTO: 312.076,89€ AXUDA PÚBLICA: 78.019,22€
  • MELLORAS TECNOLÓXICAS IND. CARNICA (L-05-PDR-18) INVESTIMENTO: 250.317.36€ AXUDA PÚBLICA: 62.579,49€

Resolución de concesión de axudas O Corgo

Torre de Nuñez de Conturiz SL dispón no Poligono do Corgo parcela 30 e 31 dun secadeiro de xamóns cunha capacidade de 140.000pezas/ano, distribuída segundo planos adjuntos.

Co obxectivo de poder cubrir o incremento da demanda de xamón curado preténdese ampliar a capacidade de produción actual ; é polo o novo proxecto de investimento consiste en transformar 4 adegas en 7 secadeiros na planta de secadero actual e ao mesmo tempo comprar unha parcela anexa de 3.770m2 ; para poder construír nela unha planta nova de 3.484m2 onde trasladar as 4 adegas da planta actual antes citadas e construír 4 adegas novas para que así o conxunto as 8 adegas desta nova nave sexan capaces de realizar a última fase de curado do total da producción.

Por tanto adquíerese 7 equipos novos para secadeiros a situar na planta actual de secadeiro de xamón e a planta nova confórmase con 4 equipos que se trasladan da actual e outros catro equipos novos; para que no seu conxunto poidan albergar a produción total.

A capacidade de deseño inicial da planta actual é 140.000 pezas/ ano resultando unha total de 203.840 pezas unha vez anexada á outra nova.

INVERSIÓN 3.627.955,97€
SUBVENCIÓN 1.269.784,59€

Xunta de Galicia - Consellería do medio ruralGobierno de españa - Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambienteUnión Europea - FEDER