Galicia, o noso motor - Torre de Núñez

Galicia, o noso motor

Hoxe é 25 de xullo, o Día de Galicia. En Torre de Núñez celebrámolo sempre con ilusión. Porque esta é a terra na que nacimos e da que estamos profundamente orgullosos. Dicímolo ben alto: somos de aquí. 

Dia de Galicia

Galicia leva anos agasallándonos co mellor que ten. O clima, a luz, o aire, a chuvia, o verde, o valor da tradición e a valentía de innovar. Levamos a Galicia metida no corazón de cada produto e, dende este recanto de Lugo, trasportámolo ao mundo.  Somos unha marca galega de referencia no sector alimentario a nivel nacional e internacional. Dende aquí, levamos os nosos produtos a 24 países dos cinco continentes co orgullo de saber que a nosa marca principal é Galicia. 

O noso director general, José Manuel Núñez, dicíao hai pouco durante unha entrevista: “Somos galegos, unha industria lucense, cos postos de traballo en Lugo e coidamos a nosa orixe, ese é o noso gran valor”. 

Torre de Núñez leva dende 1966 amarrada á Terra, a cada acantilado, ao frescor das ondas e á xente boa e xenerosa, a todos vós, que nos acompañades no camiño. 

Temos a certeza de que Torre de Núñez non sería o mesmo sen Galicia. Galicia é o noso motor. Feliz 25 de xullo. 

 

Schreibe einen Kommentar

Deine E-Mail-Adresse wird nicht veröffentlicht. Erforderliche Felder sind mit * markiert.