O Día de Galicia. E ti de quen ves sendo?

O Día de Galicia. E ti de quen ves sendo?

O Día de Galicia non é un dia calquera. O 25 de xullo celebramos que levamos posto con orgullo un corazón branco e celeste. En Torre de Núñez sentímonos profundamente orgullosos de ser de aquí, de Galicia, de Lugo.

Levamos décadas asociados a vós. Os nosos produtos, que recollen o mellor da terra, do aire, da chuvia con efectos máxicos, levan o voso nome. Traballamos decote para non perder nunca esta conexión, a mesma que fai que cando alguén di “xamón” sempre apareza outro e remate a frase: “de Torre de Núñez”. Estamos convencidos de que tedes un produto Torre de Núñez preferido. E nós preguntamos: e ti de quen ves sendo? Do lacón, do xamón, da androia, do butelo?

Se da túa serie preferida hai capítulos que che gustan máis, se do teu equipo hai xogadores aos que lle aplaudes con máis forza , se na túa pandilla hai amigos cos que sentes máis conexión, con Torre de Núñez pasa o mesmo: tes moito onde elixir pero sempre hai un produto predileto.  

Hai tantos produtos Torre de Núñez como “galicias”. Por iso, con este spot, queremos demostrar que a diversidade é unha riqueza e que nesta Terra única na que todos somos distintos, na que os gustos son tan diferentes, hai suficiente materia prima para celebrar o que nos fai felices.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *