A responsabilidade social empresarial non entende nin do tamaño das empresas ni de sectores. Por iso, na segunda edición de Responsabilízate temos exemplos de pemes moi diferentes entre si, pero todas cun mesmo obxectivo: mellorar a súa RSE.
Hoxe entrevistamos a José Manuel Núñez Torre, xerente de Torre de Núñez, unha empresa galega con máis de cincuenta anos de dedicación á elaboración de xamón serrano e embutidos de calidade.
Son a primeira marca galega que apoia a carreira do campión mundial de Motocross MX2, Jorge Prado. Tamén colaboraron co VIII Circuito de Golf Senior Turismo de Galicia e patrocinaron o Triatlón Atlántico Baiona do ano pasado, entre outras actividades. De onde nace esta vocación polo deporte?
Como empresa sentímonos un veciño máis de Lugo e de Galicia. E un bo veciño participa nos esforzos, e nos proxectos da comunidade. A partir de aí, a aposta polo deporte está relacionada tamén co feito de que a práctica de actividades deportivas supón unha serie de valores que coinciden cos nosos: o esforzo, a paixón pola mellora e a disciplina, ou a importancia do traballo en equipo son algúns deles. É algo que se dá no deporte tanto a nivel afeccionado coma na alta competición. Ademais, as persoas que practican deporte están optando por unha vida sa e a inxesta de proteínas é fundamental.
Nós traballamos para axudar ás persoas a acceder a produtos saudables que lles acheguen as proteínas que deben formar parte das súas dietas. Esta visión, moi centrada na saúde, xera un vencello entre o que somos e o deporte. De aí tamén que nos sintamos especialmente cómodos apoiando este tipo de proxectos.
Moitas veces, cando pensamos na responsabilidade social empresarial, quizais a primeira imaxe que vén ás nosas cabezas é a dunha empresa cun perfil diferente ao seu. Como unha empresa que se dedica á elaboración de produtos cárnicos decide mellorar a súa RSE e participar en Responsabilízate?
Traballamos pola sustentabilidade porque temos unha visión a longo prazo. Levamos máis de cincuenta anos no mercado e queremos seguir medrando, a lo menos, cincuenta anos máis. Esa visión de longo prazo é parte do segredo da historia de Torre de Núñez.
Todas as empresas deben dotarse das ferramentas precisas para garantir a súa sustentabilidade dende tres perspectivas: económica, ambiental, e social. Se traballas pensando no longo prazo, debe ser así. Cando falamos de traballar pola sustentabilidade estamos a falar de traballar polo futuro, tanto do da propia empresa e os seus traballadores coma do futuro da súa entorna social e da súa entorna ambiental. Ademais, a sociedade sempre devolve de forma moi xenerosa o que lle achegas. Tanto se es unha cidadán coma se es unha empresa, cando fas algo pensando no ben común, a sociedade devólvecho con creces. Sabemos de qué falamos, posto que levamos máis de cincuenta anos desenvolvendo este proxecto.
Como está sendo a acollida do programa entre o persoal implicado nas actividades?
Está a resultar moi positiva. O persoal de Torre de Núñez está aberto sempre á mellora continua. Cando ademais falamos dun tema coma responsabilidade social, a motivación é dobre: todos preferimos traballar nunha empresa máis responsable. E este proxecto axúdanos a mellorar neste sentido. O camiño da mellora non pode rematar nunca en ningún aspecto da vida da empresa.
O programa inclúe tamén o deseño e posta en marcha dun plan de acción responsable. Cara onde cren que avanzará o futuro da RSE en Torre de Núñez?
Aínda estamos a desenvolver o plan. En todo caso, aspectos coma o que ten que ver con axudarlle á poboación a acceder a alimentación máis saudable de forma sinxela serán importantes. Ou tamén apoiar a xeración de innovacións asociadas á nosa produción que permitan colaborar con obxectivos comúns da sociedade, coma a loita contra o cambio climático, por exemplo. Queremos aportar dende o que sabemos facer: levar ás casas de forma sinxela produtos cárnicos saudables e de calidade.
Entrevista publicada en RSE Xunta.