Hoxe é 25 de xullo, o Día de Galicia. En Torre de Núñez celebrámolo sempre con ilusión. Porque esta é a terra na que nacimos e da que estamos profundamente orgullosos. Dicímolo ben alto: somos de aquí.
Galicia leva anos agasallándonos co mellor que ten. O clima, a luz, o aire, a chuvia, o verde, o valor da tradición e a valentía de innovar. Levamos a Galicia metida no corazón de cada produto e, dende este recanto de Lugo, trasportámolo ao mundo. Somos unha marca galega de referencia no sector alimentario a nivel nacional e internacional. Dende aquí, levamos os nosos produtos a 24 países dos cinco continentes co orgullo de saber que a nosa marca principal é Galicia.
O noso director general, José Manuel Núñez, dicíao hai pouco durante unha entrevista: “Somos galegos, unha industria lucense, cos postos de traballo en Lugo e coidamos a nosa orixe, ese é o noso gran valor”.
Torre de Núñez leva dende 1966 amarrada á Terra, a cada acantilado, ao frescor das ondas e á xente boa e xenerosa, a todos vós, que nos acompañades no camiño.
Temos a certeza de que Torre de Núñez non sería o mesmo sen Galicia. Galicia é o noso motor. Feliz 25 de xullo.