O Arde Lvcvs estará presente en máis de 5.000 puntos da xeografía española a través dunha campaña de Torre de Núñez
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibíu hoxe a José Manuel Núñez, CEO da empresa Torre de Núñez, que dá un paso máis para dar visibilidade ao Arde Lvcvs coincidindo co recoñecemento como Festa de Interese Turístico Internacional nesta nova edición.
A empresa lucense de elaborados cárnicos promocionará a cita a través da colocación dun adhesivo do Arde Lvcvs nos seus produtos, que están presente en máis de 5.000 puntos da xeografía española. Ademais, os consumidores poderán participar no sorteo de varios premios, entre os que destacan unha viaxe a Roma para dúas persoas así como, varias estancias no hotel, pertencente ao grupo Torre de Núñez, para gozar da festa de recreación histórica.
No encontro, ao que tamén asistiu o concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto e a Directora de Marketing da firma, Inés Suárez, a rexedora agradeceu “a implicación que, Torre de Núñez ven levando a cabo dende hai anos para dar a coñecer a nosa recentemente declarada Festa de Interese Turístico Internacional, a través de campañas como esta, que chegará a miles de fogares de diferentes partes do país”.
Neste senso, José Manuel Núñez apuntaba que “queremos achegar o noso gran de area para apoiar e visibilizar esta celebración que revive o noso pasado romano e castrexo e que conmemora a fundación da nosa cidade”.