Benvido
Felices e sans
A empresa Torre de Núñez leva máis de 50 anos dedicándose á elaboración de xamón curado e de embutidos de calidade. A tradición e o tratamento artesán do produto son a base do noso traballo.
Desde a nosa orixe propuxémonos distintos retos que sempre tiñan como obxectivo non só satisfacer ao público, senón tamén coidalo. Gústanos coidarvos. Conseguimos ofrecer aos nosos clientes uns produtos de altísima calidade e, ao mesmo tempo, sen glute e sen alérxenos.
En Torre de Núñez, por exemplo, presumimos do noso xamón curado que ten un 25% menos de sal cá media de produtos da súa categoría (avalado pola Fundación Española do Corazón).
E todo fabricado cunha das carnes de porco máis tenras e zumarentas do mundo: a da raza Duroc. Está presente en tódolos xamóns e embutidos de Torre de Núñez.
Nacemos para facervos felices e sans.