CALIDADE

Tradición e innovación

Tradición e innovación non son incompatibles. Hai xa máis dunha década que o noso Departamento de Calidade se esforza acotío para que os nosos produtos se axusten ás necesidades do mercado. E todo sen deixar de cumprir en todo momento os máis estritos controis ao longo do proceso produtivo.

Great Taste 2014

O xamón galego Torre de Núñez galardoado con dúas Estrelas de Ouro nos premios “Great Taste Awards 2014”, que se celebran no Reino Unido.

Especialidad Tradicional Garantizada

Obtida en 2007, ampara as esixentes especificacións dos métodos de produción e das receitas tradicionais do Xamón curado Español.

Ver documento

Sen glute

Tódolos produtos de Torre de Núñez son aptos para celíacos, xa que, para todos eles, podemos garantir unha cantidade de glute inferior a 20 ppm (mg/kg).

Ver documento

Sen lactosa

O 95% dos nosos produtos están libres de lactosa.

Consorcio Chourizo Español

Desde outubro de 2015 garante e certifica a calidade e a autenticidade do Chourizo Español.

Consorcio Xamón Serrano

O xamón galego Torre de Núñez galardoado con dúas Estrelas de Ouro nos premios “Great Taste Awards 2014”, que se celebran no Reino Unido.

IFS (International Food Standard)

Desde 2014 para o noso secadoiro de xamóns do Corgo. E, desde 2016, para a nosa fábrica de embutidos en Conturiz.

Galicia Calidade

Marca de garantía que certifica a calidade de moitos dos nosos produtos pola súa elaboración en Galicia e pola súa materia prima.

Raza Duroc

A elección da raza Duroc permítenos ofrecer un Xamón curado Superior cunha excelente relación calidade prezo, sabor doce e cun dos puntos de sal máis baixos do mercado.


Fundación Española do Corazón

A Fundación Española do Corazón traballa cada día co obxectivo de previr as enfermidades do corazón. A carne é un alimento que achega tódolos aminoácidos esenciais que contribúen a manter unha boa saúde.


iTQi 2017 Superior Taste Award

Os nosos produtos foron premiados polo prestixioso Instituto Internacional de Sabor e Calidade -iTQi-, con sede en Bruxelas, que é a organización líder dedicada a catar e promover os produtos alimenticios.

CELÍACOS E INTOLERANTES Á LACTOSA

Tódolos produtos Torre de Núñez son aptos para celíacos, xa que podemos garantir unha cantidade de glute inferior a 20 ppm (mg/kg) en todos eles.

Os nosos produtos están incluídos na Lista de Alimentos Aptos para Celíacos editada pola Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE).

O xamón curado, o touciño entrefebrado e o lacón salgado (así como tódolos seus formatos) son alimentos que, no seu estado natural, non conteñen glute, polo que xa non aparecen na lista.

Debemos mencionar tamén a ausencia de lactosa na maioría dos nosos produtos.