INTERNACIONALIZACIÓN

En 24 países dos cinco continentes

Hoxe Torre de Núñez é a empresa líder en chacinaría do noroeste de España e unha das máis importantes de todo o territorio nacional. Pero sempre quixemos que os nosos produtos sexan coñecidos fóra das nosas fronteiras.

Actualmente estamos presentes en 24 países dos cinco continentes. Exportamos o 10% da nosa produción ao mercado internacional. Estamos no mundo enteiro, do Xapón ao Panamá, da República Dominicana a Noruega, Alemaña, Cuba, Moldavia, etc.

A comercialización da nosa marca no mercado exterior fainos mellores como empresa e mais competitivos. Estamos convencidos de que seguiremos medrando neste terreo.

Axudas do Programa do Igape Plan Foexga 2017-2020

Esta empresa participa nun proxecto de internacionalización a través do programa do Igape Plan Foexga 2017-2020. O obxectivo principal destas axudas é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das PEMEs galegas. O resultado pretendido é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza das empresas galegas nos mercados internacionais.

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Conseguir un tecido empresarial máis competitivo
Unha maneira de facer Europa

Feder Galicia 2014-2020

Esta empresa participa no Plan Foexga 2016-2017, Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Como apoio ao proceso de internacionalización, Torre de Núñez de Conturiz S.L.U. dispón de axudas concedidas pola Xunta de Galicia a través do IGAPE para participar no Plan de Fomento das Exportacións Galegas (Foexga) 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020, Obxectivo temático 3 (OT3): Conseguir un tecido empresarial máis competitivo. Unha maneira de facer Europa. O obxectivo principal do Plan Foexga é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das PEMEs galegas. O resultado pretendido é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza das empresas galegas nos mercados internacionais.

AXUDA PARA A EXECUCIÓN DE ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS

Órgano concedente: Igape cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Expediente: IG230.2016.1.125

Proxecto: Desenvolvemento de catálogos, participación en feiras internacionais e unha páxina de aterraxe axustada á imaxe corporativa da empresa Torre de Núñez, tendo en conta os distintos mercados aos que se dirixe, principalmente, a Inglaterra. Polo cal, o desenvolvemento foi realizado en inglés, adaptándoo ao idioma do país obxectivo.

Os obxectivos e os resultados acadados deron presenza á empresa en Internet e reforzaron a marca a nivel internacional, ademais de proporcionarlle apoio comercial para acadar un aumento das vendas a través dunha nova canle, aumentar a carteira de clientes e fidelizar os clientes actuais.
Planifícase unha dinámica de concurso de un mes de duración na que os usuarios teñen que se rexistrar nun formulario co fin de obter unha base de datos de potenciais clientes, alcance e relevancia da marca. O sorteo establécese a través da páxina de aterraxe, seguindo a imaxe corporativa da marca que executamos na páxina web na súa versión inglesa para derivar o tráfico e obter soporte para a dinámica social.

Resolución de concesión de axudas Conturiz

O obxectivo dos investimentos previstos que conforman este proxecto é aumentar a competitividade investindo en acondicionamento de locais na planta de expedición (zona de envasado e vestiarios), instalacións e equipamentos novos que, conxuntamente, permitan mellorar a calidade dos produtos elaborados, reducir os tempos de procesamento e garantir a seguridade dos traballadores durante estas tarefas.
MELLORAS TECNOLÓXICAS IND. CARNICA (L-27-PDR-17) INVESTIMENTO: 312.076,89 € AXUDA PÚBLICA: 78.019,22 €
MELLORAS TECNOLÓXICAS IND. CARNICA (L-05-PDR-18) INVESTIMENTO: 250.317.36€ AXUDA PÚBLICA: 62.579,49€

Resolución de concesión de axudas O Corgo

Torre de Núñez de Conturiz SL dispón no Polígono do Corgo, parcela 30 e 31, dun secadoiro de xamóns cunha capacidade de 140.000 pezas/ano, distribuído segundo os planos adxuntos.

Co obxectivo de poder cubrir o incremento da demanda de xamón curado, preténdese ampliar a capacidade de produción actual; o novo proxecto de investimento consiste en transformar catro adegas en sete secadoiros na planta de secado actual e, ao mesmo tempo, mercar unha parcela anexa de 3.770 m2; para poder construír nela unha planta nova de 3.484 m2 onde trasladar as catro adegas da planta actual antes citadas e construír catro adegas novas para que así o conxunto das oito adegas desta nova nave sexan capaces de realizar a última fase de curación do total da produción.

Polo tanto adquírense sete equipos novos para secadoiros que se instalarán na planta actual de secado de xamón. A planta nova confórmase de catro equipos, que se trasladan da actual, e outros catro equipos novos, para que, no seu conxunto, poidan albergar a produción total.

A capacidade de deseño inicial da planta actual é de 140.000 pezas/ano, o que resulta nun total de 203.840 pezas unha vez anexada á outra nova.

INVESTIMENTO 3.627.955,97€
SUBVENCIÓN 1.269.784,59€

Exercicio 2020/2021:

“Acondicionamento da planta alta da nave de secadeiro de xamóns, destinándoa a realizar a fase final do curado de xamón dotándoa de adega natural e sala de deshuese. A superficie a acondicionar é de 3483,84m2

L-15-PDR-20: Investimento 885.620,49€, subvención concedida 265.686,15€.”

Operación cofinanciada pola Unión Europea

Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020

Contratación de xestores de internacionalización: (IG166)

Como apoio ao proceso de internacionalización da empresa, Torre de Núñez conta cunha axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do Igape para a contratación dun xestor, ao abeiro da convocatoria de axudas do Igape para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE de Galicia 2014-2020, e incluídas no obxectivo temático 08 de acadar unha formación e un emprego de calidade.

O Fondo Social Europeo (FSE) inviste no teu futuro

Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción no mercado laboral, apoiando ao mesmo tempo as PEMEs galegas no seu proceso de internacionalización. O resultado pretendido é que os profesionais sigan contratados trala súa participación no programa, na mesma empresa ou noutras axencias, grazas á experiencia práctica recibida.