TEXTURA: Firme e compacta ao tacto no exterior; mentres que no interior presenta unha textura fibrosa e non homoxénea, dependendo da porción degustada.
COLORACIÓN E ASPECTO NO CORTE: No corte presenta un aspecto heteroxéneo e non moi ligado; de cor vermella intensa, definida pola materia prima e polos condimentos.
AROMA E SABOR: Aroma intenso a embutido adubado e afumado. Unha vez preparado para o consumo, predomina o olor a carne magra cocida; de sabor agradable, picante e cunha equilibrada relación doce/salgado.