É o produto cárnico, obtido das zonas torácicas e abdominais do porco, constituído pola pel, polo tecido graxo intercalado e o tecido muscular, que foi sometido a un proceso de adubo en salmoira, seguido dun tratamento de pasteurización.
- TEXTURA: Firme e compacta ao tacto
- COLORACIÓN E ASPECTO NO CORTE: No corte, ten unha cor rosada e presenta solidez e ligazón suficientes.
- AROMA: olor típico dos produtos afumados naturalmente.
- SABOR: Característico
- FORMA E ASPECTO EXTERNO: Forma rectangular. Superficie exterior consistente de cor acastañada.