Chourizo de tripa cagueira elaborado cunha mestura de selección de carne magra e touciño entrefebrado de porco de raza Duroc, aderezada con sal, pemento e outras especias; amasada e embutida en tripas naturais. Sometido a un proceso de maduración-desecamento, que garante unha boa estabilidade, así como un olor e sabor característicos.
- TEXTURA: Consistencia firme e compacta ao tacto.
- COLORACIÓN E ASPECTO NO CORTE: Coloración rosada. O corte preséntase homoxéneo, liso e ben ligado, sen coloracións atípicas e cunha diferenciación clara entre os anacos de carne e touciño ou graxa.
- AROMA E SABOR: Característicos, proporcionados fundamentalmente polas especias e condimentos, xunto ao proceso de curación.