Extremidade dianteira de porcos adultos de raza Duroc salgada e curada segundo o proceso artesán tradicional galego.
Forma arredondada, perfilada nos seus bordos ata a aparición do músculo. Conserva a pel e o pezuño, máis sen cascos; aspecto externo limpo e firme, cunha masa muscular consistente.
- TEXTURA: Firme e compacta ao tacto
- COLORACIÓN E ASPECTO NO CORTE: Do rosa ao vermello púrpura; Cor rosada; o corte é limpo, brillante, con graxa parcialmente infiltrada na masa muscular.
- AROMA: Suave e agradable, sen rancio e cheiros estraños
- SABOR: Delicado e pouco salgado.