Extremidade posterior procedente de porcos adultos de raza Duroc. A carne de porco de raza Duroc ten como peculiaridade unha excelente infiltración de graxa, o que a fai perfecta para o procesamento do xamón. Destaca polo seu baixo contido en sal (25% menos) e o seu sabor doce.
Produto elaborado segundo o proceso artesán tradicional galego de salgadura e curación. O resultado final é un xamón curado uniforme e homoxéneo, co corte redondo e sen pata, pero con pel.
- TEXTURA: Homoxénea, pouco fibrosa e sen pastosidade nin amolecemento. Óptima infiltración de graxa grazas á xenética Duroc.
- COLORACIÓN E ASPECTO NO CORTE: Cor característica do rosa ao vermello púrpura na parte magra e aspecto brillante da graxa. Homoxéneo no corte.
- SABOR E AROMA: Carne de sabor delicado, pouco salgada e de aroma agradable e característico.