QUEN SOMOS?

Máis de 50 anos de historia

Torre de Núñez ten a súa orixe en Lugo, a zona de Galicia onde a carne é arte. Dedicámonos á elaboración de produtos cárnicos desde hai máis de 50 anos. Temos experiencia e historia.

Os seus fundadores, Manuel José Núñez Aldegunde e María Asunción Torre Penelas, inician, hai máis de medio século, a distribución dos seus elaborados cárnicos por tódolos recunchos da xeografía española. Grazas á boa acollida dos produtos, comezamos nos anos 80 un proceso de expansión que empeza coa construción da nosa primeira fábrica nas aforas da cidade de Lugo.

Torre de Núñez continuou medrando, implantándose con éxito no mercado nacional e chegando cada vez a máis consumidores. No ano 2000 construímos unha planta de 15.000 m2 dotada da última tecnoloxía de elaboración de produtos cárnicos. Anos despois, continuou a expansión cunha nova planta dedicada exclusivamente á elaboración de xamón con capacidade para 400.000 unidades ao ano. En 2016, inauguramos a nova planta de lascado e en 2019 ampliámola.

Torre de Núñez non deixa de medrar. En todos estes anos, centrámonos en mellorar día a día, en consolidarnos e expandirnos. E todo para satisfacer ao público e acadar a súa fidelidade.

CERTIFICADO ISO 9001:2000
Obtención en 2005 da “Certificación ISO 9001:2000” de Sistemas de Xestión de Calidade que renovamos en 2008 baixo a norma 9001:2008.

CALIDADE E MARCA DE GARANTÍA
Certificación ISO 9001:2000 de Sistemas de Xestión de Calidade. Neste ano conseguimos tamén amparar o Xamón curado e o Lombo Embuchado baixo a Marca de Garantía Galicia Calidade.

CERTIFICACIÓN ETG
Certificación de produto “Especialidade Tradicional Garantida” (ETG) Xamón curado, que ampara as esixentes especificacións do Xamón curado Español.

GALICIA CALIDADE
Chourizo extra semicurado e o touciño entrefebrado sen costela obteñen o selo Galicia Calidade.

LISTA MARCO
Inclusión na Lista Marco que nos facilitou a exportación a outros países.

CERTIFICADO IFS
En 2014, a empresa obtivo a certificación IFS para o Xamón curado na planta do Corgo.

CONSORCIO XAMÓN CURADO
No ano 2015 pasamos a formar parte do Consorcio de Xamón curado.

CONSORCIO CHOURIZO ESPAÑOL
Recentemente sumámonos ao Consorcio do Chourizo Español garantindo deste xeito a calidade e a procedencia dos nosos chourizos.

CERTIFICADO IFS
En 2016, obtivemos a certificación IFS en tódalas nosas plantas.

iTQi
En 2017 as nosas salchichas “Sin +” (Sen +) foron galardoadas con dúas estrelas nos premios iTQi (Instituto Internacional de Calidade e Sabor).

FUNDACIÓN ESPAÑOLA DO CORAZÓN
O noso xamón pasa a formar parte do programa PASFEC polo seu contido reducido en sal.