Peza de xamón cocido de raza Duroc preparado coas pezas de carne identificables, correspondentes ao despece das patas posteriores do porco, desprovistas dos ósos, cartilaxes, tendóns e ligamentos soltos. Aplícaselle un tratamento térmico de pasteurización, tras ser sometida a un proceso de salmoira, de amasado e de moldeamento para conferirlle a forma axeitada.
- TEXTURA: Firme e compacta ao tacto.
- COLORACIÓN E ASPECTO NO CORTE: O produto debe poder ser cortado en liscos e estes deben presentar fundamentalmente unha cor rosada, solidez e ligazón suficientes.
- AROMA E SABOR: Presentará o olor e o sabor característicos.
- FORMA E ASPECTO EXTERNO: Forma arredondada, coa superficie exterior consistente, lisa e regular, sen fisuras ou afundimentos marcados.