Na raia da evidencia-tan ás claras-
eu tributo,distraída dos pans,
cada pedazo entre o noxo das brasas,
no molestar do cotián
es odioso caníbal dos meus ollos.
(XELA ARIAS)
O vindeiro luns celebramos o Día das Letras Galegas que este ano dedicamos á poeta nacida en Lugo Xela Arias. A nós gústanos dicir que todo o mes de maio é o mes das Letras, esas que fan que a nosa terra trascenda tamén polo seu inxenio e sensibilidade.
Somos de aquí e levámolo con orgullo. Galicia agasalla aos nosos produtos coa súa atmosfera. Dálle ao que producimos o verde poderoso e o salitre, o arrecendo a orballo e campo, a Terra. Galicia é sinónimo de calidade e todo o que nela se produce énchenos de orgullo. Tamén as nosas Letras e a nosa lingua.
Torre de Núñéz aposta sempre nas súas promocións por destacar esa calidade. Coa nosa nova campaña “Cada día mellor e mellor” -ese tema que non pode faltar nas nosas verbenas, ás que tanto botamos de menos- transmitimos precisamente a aposta pola calidade da nosa marca e a importancia que ten Galicia para conseguila.
Sentímonos profundamente orgullosos das nosas orixes, de pertencer a este lugar máxico da xeografía mundial que nos fai únicos.
Feliz Día das Letras Galegas.
Aínda non viches o noso spot?